A Fundación Breogán, a través do PROXECTO ÍCARO pon en marcha un programa de boas prácticas deportivas para mozas e mozos en risco de vulnerabilidade social. O seu obxectivo, entendendo o deporte como unha ferramenta idónea, é reducir a brecha social das rapazas e rapaces que non teñen a súa participación na sociedade garantida en condicións de igualdade, xa sexa por aspectos socioeconómicos, socioculturais, socioxeográficos ou persoais. 

O proxecto é posible grazas á colaboración da Vicepresidencia da Excma. Deputación de Lugo e ao apoio das Fundacións Dignidade e Juan Soñador.

BALONCESTO: Álex Martín, Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Adestrador de Baloncesto da Fundación Breogán.

BOXEO: Boxing Club Cidade de  Lugo –  Adestradores Jota, Mario e Jackson.

BÉISBOL: Lume Béisbol Club – Adestrador Pedreira.

TENIS DE MESA: CTM Milagrosa.

RUGBY: Muralla Rugby Club.

 

TEMPORALIZACIÓN: 1 Sesión semanal (martes) dunha hora de duración durante os meses de novembro a maio.


DESTINATARIAS/OS: 12 prazas para rapazas e rapaces entre 14 e 18 anos e máis.


CONTIDOS:

  • Achegamento ao deporte a través de catro modalidades diferentes.
  • Fomento da práctica de portiva como hábito saudable e como alternativa do tempo de lecer e/ou prevención doutro tipo de hábitos non recomendables.
  • Promover valores propios do deporte para a súa integración na vida persoal como o respecto ás diferencias individuais, o esforzo, o compromiso, a perseverencia, a resiliencia etc.
  • Desenrolar positivamente e de forma constructiva o autoconcepto das e
    dos participantes, así como a súa autoestima.
  • Axudar á consolidación da súa identidade propia e da súa autonomía persoal.
  • Crear un contexto de socialización adecuada establecendo relacións positivas.
  • Suscitar cambios de actitudes.
  • Fomentar unha alimentación saudable.

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN (Inscricións pechadas)

Novas da actividade no 2024 click aqui.

 

14/01/25 - O Proxecto Ícaro está de volta. Iniciamos as actividades do 2025.
Despois dun tempo de descanso, retomamos os adestramentos semanais e non podiamos ter máis ganas! É o momento de volver desfrutar do baloncesto, aprender, mellorar e compartir momentos únicos.
Os nosos rapaces están plenamente comprometidos, traballando en equipo e creando un ambiente no que medrar xuntos, tanto no deporte como na vida. Cada sesión é unha nova oportunidade para sumar e avanzar.

 
21/01/25 - Puxemos o broche final aos achegamentos ao béisbol dentro do Proxecto Ícaro.
Foron sesións cheas de aprendizaxe, ilusión e moito movemento, nas que descubrimos os segredos deste apaixonante deporte.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao adestrador Pedreira, do Lume Béisbol Club de Lugo, que nos guiou con paciencia e entusiasmo, transmitíndonos os valores e a técnica do béisbol. Como pequeno recordo e mostra do noso recoñecemento, entregámoslle unha peza de oartesan3D, unha lembranza especial destas xornadas compartidas.
 

 
28/01/25 - De volta ao baloncesto.
No proxecto Ícaro, cambiamos o guante polo balón e volvemos ao baloncesto! Despois dunha divertida paréntese co béisbol, retomamos os adestramentos de baloncesto, con ganas de seguir aprendendo e pasandoo ben.
O importante non é só meter canastras, senón compartir momentos, esforzarse e mellorar xuntos.

 

 
Seguimos aprendendo baloncesto no Proxecto Ícaro.
Na Fundación Breogán, non só promovemos a práctica deportiva, senón que tamén consideramos fundamental comprender as regras das diferentes modalidades deportivas.
Nesta ocasión, os nosos participantes recibiron unha interesante clase teórica de baloncesto impartida (previa ao adestramento) polo adestrador Álex Martín, quen lles explicou os conceptos básicos do xogo, as normas e a importancia do coñecemento táctico.
Porque para xogar ben, primeiro hai que entender! Seguimos traballando con ilusión dentro do Proxecto Ícaro.
 

 

 
25/02/25 - Boxeo.
Dentro do Proxecto Ícaro, os nosos rapaces tiveron a oportunidade de achegarse á práctica deportiva do boxeo
Grazas aos amigos do Boxing Club Cidade de Lugo, puideron descubrir este deporte e os seus valores de esforzo, disciplina e superación.
Queremos agradecer especialmente aos adestradores Jota (@jotaboxing), Mario e Jackson pola súa dedicación e bo facer no adestramento.
11/03/25 - Tenis de mesa.
Sumamos un novo deporte á nosa aventura: o tenis de mesa!
Grazas ao Club Tenis de Mesa Milagrosa (@ctmmilagrosa), os nosos rapaces puideron descubrir esta disciplina e os valores que a acompañan: concentración, rapidez e superación.
Un agradecemento especial aos adestradores pola súa dedicación e por facelo tan entretido para todos!
01/04/25 - Boxeo.
Dentro do Proxecto Ícaro que realiza a Fundación Breogán, co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, volvemos ás instalacións do Boxing Club Cidade de Lugo para unha nova sesión de boxeo!
Nesta xornada, os nosos rapaces seguiron aprendendo e gozando do boxeo, coñecendo tamén os seus aspectos técnicos e afondando nos seus valores de esforzo, disciplina e superación.
Moitas grazas ao @boxingclublugo por acollernos de novo e darnos a oportunidade de seguir aprendendo.
20/05/25 - Rugby.
As mozas e mozos do Proxecto Ícaro tiveron a oportunidade de iniciarse no rugby, coñecendo os seus fundamentos e valores: compañeirismo, esforzo, respecto e traballo en equipo.
Moitísimas grazas ao Muralla Rugby Club por achegar este deporte ao proxecto cunha xornada chea de aprendizaxe, ilusión e bo ambiente!
O Proxecto Ícaro, impulsado pola Fundación Breogán grazas ao apoio da Vicepresidencia da Excma. Deputación de Lugo, continúa ofrecendo oportunidades de inclusión e desenvolvemento persoal a través do deporte, como ferramenta de igualdade.