Novas

Proxecto Ícaro – CTM Milagrosa

Onte, dentro do Proxecto Ícaro, sumamos un novo deporte á nosa aventura: o tenis de mesa!

Grazas ao Club Tenis de Mesa Milagrosa (@ctmmilagrosa), os nosos rapaces puideron descubrir esta disciplina e os valores que a acompañan: concentración, rapidez e superación.

Un agradecemento especial aos adestradores pola súa dedicación e por facelo tan entretido para todos!