Novas

Proxecto Persoas – Adestramento 15 de xuño

Despedímonos d@s rapaces/as do CEE SANTA MARÍA por esta tempada nos adestramentos do Proxecto Persoas, que continuarán ata o vindeiro día 29 de xuño.

Rematamos realizando un 4X4 entre tódolos asistentes: adestradores, monitores, voluntari@s e xogadores/as desta actividade.

Queremos agradecer a tódolos participantes así como ao CEE SANTA MARÍA pola súa implicación e as gañas á hora de participar neste ilusionante proxecto da Fundación Breogán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *