O sábado 17 de xuño, a Fundación Breogán realizará unha das últimas actividades polo que respecta a esta tempada.
Unha xornada na que se unirán tres aspectos que guían os proxectos da Fundación dende o seu inicio:
- BALONCESTO. Terá lugar a II Edición do Torneo 3X3 Na Rúa para categorías inferiores. Preto de 30 equipos inscritos, con idades comprendidas entre os 9 e os 18 anos, que competirán agrupados en 4 categorías.
- MÁIS BALONCESTO. Fase final da II Liga Senior 3X3, que inclúe as finais de equipos, do concurso de triplas e do circuito de habilidades.
- COMPROMISO. Daremos visibilidade a dúas asociacións lucenses ALCER LUGO e ALUCEM LUGO, que terán á súa disposición un stand para dar a coñecer o seu importante traballo.
- SAÚDE. Marta Pérez Fandiño, nutricionista no Centro de Saúde Illas Canarias, estará realizando un showcooking dende as 17:00 ata 18:15 horas, en pases de 15 minutos, no que nos amosará como preparar unha merenda saudable, de maneira rápida, económica e para tódalas idades.