Nova visita no Proxecto Persoas.
Hoxe recibimos unha visita moi especial no Proxecto Persoas! Os rapaces da Escola Atlética Lucense, xunto cos seus adestradores Óscar Rodríguez Río (Phosko) e Rubén Martelo, compartiron con nós unha tarde de deporte, aprendizaxe e moita enerxía.



Foi unha gran oportunidade para coñecer novas disciplinas, reforzar valores como o esforzo e o compañeirismo e, sobre todo, desfrutar xuntos do que máis nos gusta: o deporte!
Grazas por esta experiencia! As portas do noso proxecto sempre estarán abertas para vós.


