Nova Experiencia Pazo co proxecto Matumaini e o proxecto Cris Seijo, da man de Diaconía.
Hoxe foi un día especial para os participantes do proxecto Matumaini e da vertente social do proxecto Cris Seijo, que tiveron a oportunidade de vivir unha nova Experiencia Pazo no corazón do baloncesto lucense.



Grazas á colaboración de Diaconía, puideron descubrir os recunchos máis emblemáticos do Pazo dos Deportes de Lugo e compartir unha charla única cos xogadores do @cbbreogan, acompañados polo seu adestrador, Aitor Vázquez.
Unha xornada de aprendizaxe, emoción e, sobre todo, moito espírito breoganista!