Esta mañá, acompañados por máis de medio cento de rapaces e rapazas, inauguramos oficialmente, no Concello de Palas de Rei o proxecto da Fundación Breogán “MÁIS QUE BASKET NO RURAL”.
A participación de todos eles nas actividades propostas polo persoal deportivo da Fundación foi total. Houbo música, competicións e moitos agasallos; e como non, a presencia de @maximusbreo que fixo as delicias de grandes e pequenos.
Queremos agradecer ó Concello de Palas de Rei e ás nosas empresas benefactoras @riodegalicia e @pazodevilane a súa colaboración para a realización do proxecto que vimos de arrancar.
A todolos inscritos agardámosvos o vindeiro mércores no primeiro adestramento.
+ que basket no rural
26
Feb