Novas

+ Que Basket No Rural

O vindeiro luns 9 de Maio iniciamos o “II Máis Que Basket No Rural”.

Nesta ocasión, o proxecto impulsado polas nosas empresas benefactoras @riodegalicia e @pazodevilane, levaranos ó Concello de Begonte.

Grazas a elas e ó @concellobegonte, volveremos a vivir 5 semanas de deporte e hábitos saudables.

Lembramos que esta é unha actividade gratuita, para rapaces de entre 6 e 15 anos e que as prazas son limitadas.

Podedes facer a inscrición en inscripciones@fundacionbreogan.org, na Casa do Concello de Begonte ou o propio día 9 no Pavillón Municipal de Begonte, CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *