Novas

Recoñecemento Acción Social

Na gala do #BasketGal2025, a Fundación Breogán foi distinguida pola FEGABA como entidade referente en acción social no ámbito do baloncesto.

Un premio que recoñece o noso traballo na difusión e promoción do baloncesto na súa faceta máis universal, sen entender de idade, sexo, raza, capacidades ou condición social.

💙 Este recoñecemento é de todas e todos vós. Grazas de corazón a:

🔹 As nosas socias e socios benefactores.
🔹 Empresas benefactoras e colaboradoras.
🔹 Asociacións, clubs e institucións coas que compartimos camiño.
🔹 Persoal técnico, voluntariado e participantes nos proxectos sociais e deportivos da Fundación.

📢 Queda patente a boa saúde do #BaloncestoGalego e, desde a Fundación Breogán, continuaremos impulsando proxectos que leven o baloncesto a todos os recunchos e a todas as persoas, facendo que este deporte siga sumando inclusión, paixón e comunidade.