Ó longo dos vindeiros días imos poñer en valor e resaltar a importancia que teñen as Empresas vinculadas á Fundación Breogán.
Queremos empezar polas EMPRESAS COLABORADORAS, as novas e as que repiten.
Detrás dos logotipos ou das siglas hai persoas comprometidas ca difusión do deporte e dos hábitos saudables, ca integración dos colectivos menos favorecidos, ca promoción de Lugo e da figura do C.B. Breogán como símbolo do breoganismo.
Grazas polo voso compromiso e boa vontade, que permitirá á Fundación Breogán continuar medrando e alcanzando a un máis amplo espectro da nosa sociedade.