Novas

Rosetta – Novo proxecto curso 26/27

A Fundación Breogán presenta ROSETTA, un novo proxecto educativo que se desenvolverá durante o curso 2026/2027 nun centro educativo de Lugo.

Esta iniciativa piloto nace co obxectivo de achegar ao alumnado á linguaxe de signos, promovendo a inclusión, a empatía e a eliminación de barreiras na comunicación desde as idades máis temperás.

O proxecto contará coa colaboración de ASORLU e estará coordinado por Bárbara Rovira Casal, quen guiará as distintas actividades e accións formativas ao longo do curso.

Descubrir unha nova lingua é descubrir unha nova forma de entender aos demais.