Presentamos unha nova edición do programa “Máis Que Basket no Rural”, unha iniciativa que busca achegar o baloncesto e a actividade deportiva á mocidade do Concello de Guitiriz durante o curso 2026/27.
Un proxecto que nace co obxectivo de garantir o acceso ao deporte en contornas rurais, promovendo a igualdade de oportunidades e fomentando hábitos de vida saudables a través da práctica regular de actividade física.
Ao longo do programa desenvolveranse:
- Adestramentos semanais de baloncesto impartidos por técnicos da Fundación Breogán
- Accións formativas en valores, saúde e convivencia
- Experiencias únicas vinculadas ao Río Breogán no Pazo dos Deportes de Lugo
Este proxecto entende o deporte como moito máis ca unha actividade física: é unha ferramenta educativa, social e de crecemento persoal.
🤝 O Concello de Guitiriz reafirma así o seu compromiso co deporte base e coa creación de oportunidades reais para a súa mocidade.



