Hai encontros que van máis alá das palabras. Hoxe, nas residencias A Milagrosa e As Gándaras, volveu suceder: miradas que se iluminan, mans que acarician con agarimo e recordos que agroman case sen avisar.
Virginia Torrecillas e Pequeñita regresaron para seguir deixando pegadas invisibles, desas que permanecen no tempo e no corazón.



Cada sesión convértese nun espazo de calma, vínculo e emoción compartida, onde o importante non é só o que se lembra… senón o que se sente.
🤝 Pegadas da Memoria, un proxecto da Fundación Breogán co patrocinio de Albia Funeraria Fernández.


