Comezamos a semana ca derradeira Experiencia Breogán do ano.
Grazas á nosa empresa benefactora Pazo de Vilane, adicaremos esta última etapa do proxecto a coñecer a historia e o labor da Escola Banda de Música de Antas de Ulla.
A banda, que ven de celebrar o seu 125 aniversario, é unha das máis antigas de Galicia e destaca polo importante papel que a agrupación musical ten para poñer en valor as tradicións e a cultura da provincia.