Novas

Visita a RAIOLAS

Onte, unha pequena expedición do @cbbreogan @erik_quintela @tyler_kalinoski24 e da Fundación Breogán @salva_arco visitaron as modernas e funcionáis instalacións da Asociación RAIOLAS LUGO.

Alí coñeceron a varios usuarios da Asociación, así como a tódolos seus traballadores.

Hoxe, Día Mundial de Concienciación do Autismo, estamos especialmente orgullosos de colaborar, grazas á nosa empresa benefactora TRANSPORTES VALÍN E HIJOS, neste proxecto que nos fai a todos tan felices.

#diamundialautismo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *