Novas

Visita ao Centro da Cruz Vermella

O director da Fundación Breogán, Salva Arco, visitou esta semana o Centro de discapacidade intelectual que a Cruz Vermella ten en Castro de RIbeiras de Lea.

Alí participou, xunto con algúns usuarios do centro dunhas horas nas que respostou ás súas inquedanzas sobre cómo é a vida dun deportista e sobre a súa traxectoria profesional no baloncesto.

Máis tarde compartíu con eles e elas as pistas deportivas, quedando pendente pola nosa parte a reposición de novas redes para as canastras e dun balón para que poidan seguir gozando do baloncesto.

Moitas grazas a todos/as pola acollida e por amosar que as barreiras non existen nin dentro nin fora das canchas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *