Novas

II Edición Liga Senior 3X3 – Previa Xornada 2

Hoxe disputarase a 2ª xornada da II Edición da Liga Senior 3X3 da Fundación Breogán.

Dende as 20:30 h. no Pazo dos Deportes de Lugo, os conxuntos participantes voltarán a medir as súas forzas nunha (a ben seguro) apaixonante xornada.

Continuaremos tamén coa seguinte rolda do concurso de triplas e iniciarase a competición do Concurso de Habilidades.

A pasalo ben, rapaces! E todos vos sodes benvidos, para presenciar dende a bancada o espectáculo.

Horarios da 2ª xornada da II Liga Senior 3X3 Fundación Breogán

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *