Novas

Visita ó Pazo

Unha representación de traballadores e usuarios de @alumelugo, Rubén Gil xerente de Grupo Ditram e José Ramón López, xerente de Ditramotor @grupo_ditram, visitaron hoxe o Pazo guiados coma sempre por @guidoalvarezp e acompañados polo director da Fundación @salva_arco.

Fixeron o tour polas instalacións e presenciaron un dos derradeiros adestramentos do @cbbreogan desta tempada, ó remate do cal, recibiron un agasallo da @fundacionbreogan e do @cbbreogan.

Mañá, a primeira hora será o momento de devolver a visita ó seu centro de traballo. Os representantes do Club serán @agusubal_ e Marko Lukovic.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *