IV XORNADAS DE TECNIFICACIÓN
A Semana Santa de 2025 volverá a ser moi especial para os 50 rapaces e rapazas de entre 8 e 16 anos que participarán nas IV XORNADAS DE TECNIFICACIÓN, organizadas pola FUNDACIÓN BREOGÁN e o C.B. BREOGÁN.
Durante tres días intensos, os participantes compartirán adestramentos con xogadores e técnicos do C.B. Breogán, asistirán a xornadas formativas e levarán agasallos exclusivos como recordo desta experiencia única.
📌 Programa
📍 Lugar: Anexo do Pazo dos Deportes (Lugo)
📅 Datas: 14, 15 e 16 de abril de 2025
⏰ Horario: De 9:00 h. a 16:00 h.
🎟 Prazas:
- 25 nados entre 2013 e 2017
- 25 nados entre 2009 e 2012
💰 Prezo: 170 €
📢 Inscricións
🔹 Preferencia para socios benefactores: Do 24 ao 28 de febreiro ás 14:00 h.
🔹 Público en xeral: Do 1 ao 6 de marzo, ou ata completar as prazas.
✅ Descontos:
- Irmáns: 15 € de desconto por cada un.
- Fillos de socios benefactores: 20 € de desconto.
🎁 Agasallos para os participantes:
✔ Camiseta oficial das Xornadas.
✔ Identificador de equipaxes personalizado.
✔ Auga para os adestramentos.
🔗 Formulario de inscrición: Premendo aquí
🚀 Non perdas a oportunidade de mellorar o teu xogo e vivir unha experiencia inesquecible co Breo!