A menos dunha semana do inicio da IV Edición das Xornadas de Tecnificación da Fundación Breogán, xa vos podemos presentar ás poñentes das nosas charlas formativas!
Esther Castedo, xogadora do Ensino, compartirá connosco a súa traxectoria profesional na charla titulada “Do soño á realidade: un camiño no baloncesto profesional”. Unha oportunidade única para coñecer de preto a súa experiencia!
Astrid Rodríguez Veiga, Educadora Social na Fundación Dignidade, achegaranos unha reflexión fundamental sobre os “Valores no Deporte”, clave para a formación integral de calquera deportista.
Estade atent@s, que veñen días intensos cheos de aprendizaxe, deporte e inspiración!