Novas

25N · Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

Hoxe, desde a Fundación Breogán, reafirmamos o noso compromiso cunha sociedade libre de violencia de xénero. Unha violencia que vulnera dereitos fundamentais, destrúe vidas e perpetúa desigualdades que non podemos tolerar.

É responsabilidade de todas e todos construír contornos seguros, igualitarios e respectuosos. A igualdade non é só un principio: é un camiño colectivo que require educación, conciencia e acción constante.

Neste 25N sumamos a nosa voz para lembrar ás vítimas, apoiar ás superviventes e fortalecer a loita por un futuro no que vivir sen medo sexa unha realidade para todas as mulleres.

#25N #NonÁViolenciaDeXénero