A Fundación Breogán recibirá este sábado, 7 de novembro, o 14º Premio Dano Cerebral Galicia – Miguel Blanco, un galardón co que Dano Cerebral Galicia quere poñer en valor o noso compromiso coa inclusión social, a sensibilización e a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido e doutras persoas con discapacidade.
Desde a Fundación queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a Dano Cerebral Galicia por este recoñecemento, que nos anima a seguir traballando e que sentimos, por riba de todo, como un premio compartido con todas as persoas e entidades que forman parte deste camiño.
Un agradecemento moi especial a Dano Cerebral Lugo, compañeiros e compañeiras de viaxe cos que levamos anos construíndo proxectos, compartindo experiencias e demostrando que o deporte pode ser unha ferramenta extraordinaria para crear oportunidades, derrubar barreiras e avanzar cara a unha sociedade máis inclusiva.
A nosa presidenta, Nuria Varela-Portas de Orduña, será a encargada de recoller o galardón nun acto que terá lugar en Santiago de Compostela, no marco da Xornada sobre o Dano Cerebral.
Grazas por mirar cara ao noso traballo, por acompañarnos e, sobre todo, por lembrarnos que o importante non é chegar máis lonxe, senón conseguir que cada vez máis persoas poidan formar parte do camiño.
Seguiremos traballando xuntos. 💙