Comeza a 3ª tempada do Proxecto Grazas A-vós.
Este mes de outubro arrincamos cunha nova etapa dun proxecto que xa forma parte da nosa historia e da das persoas que nos acompañan.
Grazas ao apoio da Xunta de Galicia, continuaremos promovendo a inclusión plena das persoas maiores de 65 anos a través de obradoiros de estimulación física e sensorial, nas residencias públicas das Gándaras e da Milagrosa.
Seguimos sumando experiencias, lembranzas e sorrisos.
Porque grazas a vós somos o que somos.