Novas

5.000 aplaudidores celestes

O sábado o Pazo ten que ser novamemte o noso INFERNO CELESTE.

Por iso, a Fundación Breogán colaboraremos coa Peña Breogán para axudarvos a que animedes ao C.B. Breogán no derbi do vindeiro sábado, no que estarán repartindo 5.000 aplaudidores polas bancadas do Pazo.

Xa que dende a Fundación estamos concienciados cos Obxectivos de Desenrolo Sostible (ODS) das Nacións Unidas e referido a este caso co Obxectivo número 12 (onde nun dos seus puntos fai referencia a integrar criterios de economía circular na organización, mediante políticas de prevención, reducción, reutilización, reciclaxe e valoración de refugallos), ao remate do encontro voluntarios da Fundación e da Peña Breogán estarán presentes nas portas para axudarvos coa correcta reciclaxe dos mesmos.

Forza BREO!