Novas

SOMOS Unidos por el cáncer, destinataria da Doazón Benéfica

Resultado das votacións d@s nos@s soci@s benefactores/as, para a elección da entidade destinataria da doazón benéfica anual da Fundación Breogán.

A gañadora, cun 60% dos votos foi SOMOS UPEC, que veu da man da nosa empresa benefactora Transportes Valín.

O importe, 2.200€ é o resultado íntegro das 167 doazóns obtidas con motivo da celebración do encontro solidario amigable celebrado o pasado 10 de Setembro e que enfrontou ó C.B. Breogán e o Valencia Basket.

Faremos entrega do talón nun dos descansos do encontro de mañá no Pazo dos Deportes de Lugo.

Moitas grazas a tódalas entidades que participaron nesta edición 2023 da “Experiencia Breogán”: Down Lugo, Adace Lugo, Aspnais e Asociación Cultural Fiadeira, e ás nosas empresas benefactoras por achegarnos e poder darlle difusión ó traballo das mesmas.

Noraboa SOMOS UPEC!