A Fundación Breogán e COGAMI poñen en marcha AROS, un novo proxecto de inclusión a través do baloncesto.
Dirixido a persoas adultas con capacidades diferentes, AROS é unha iniciativa social que busca ofrecer unha opción específica para a práctica do baloncesto como ferramenta de integración, benestar e desenvolvemento persoal.
Este novo programa é unha evolución do xa coñecido Persoas, orientado a menores, e amplía agora o seu alcance ao público adulto, que carece de opcións adaptadas neste ámbito.
📅 Comezamos este venres 6 de xuño ás 11:00 h. no módulo Anexo do Pazo dos Deportes. A modo de experiencia piloto, realizaremos dúas sesións máis os días 13 e 20 de xuño.
🔁 O proxecto arrincará definitivamente tras as vacacións de verán.
Un paso máis cara a un deporte máis aberto, accesible e inclusivo para todas e todos.


