Novas

IV Edición Liga Senior 3X3 – Resultados X01

Primeira xornada superada na IV Liga Senior 3X3!
Xa temos as primeiras clasificacións e protagonistas despois dunha tarde chea de emoción e bo baloncesto!

📊 Grupo 1: Enfoca Legends e Divina 5ª Joventut comparten liderado con 3 vitorias e ningunha derrota.
📊 Grupo 2: Pub Basket vai por diante en solitario, tamén con 3 vitorias sen coñecer a derrota.

🎯 Concurso de triples: A falta de 5 tiradores por lanzar, encabezan a táboa Javier Lourido e Mario de la Vega, con 15 puntos cada un.

🔵 Twoball: O equipo Seijo Team lidera con 34 puntos, seguido moi de preto por Enxebres, que sumaron 33.

🥓 Súper Tiro Torre de Núñez: A primeira gañadora foi Raquel Asensio, que levou para a casa un fabuloso xamón ibérico de bellota.

🍴 E para pechar a xornada como se merece, gozamos dun picoteo de luxo grazas á colaboración de Grupo Terras de Lugo.

Isto só acaba de comezar… e vén cargadiño!