LUZ AO DEPORTE 2025

 

 

 

De Setembro a Decembro de 2025.

 

 

IV Edición do proxecto que a Fundación Breogán realiza en convenio coa Xunta de Galicia e Abanca.

A Fundación Breogán pretende ser a plataforma perfecta para que, utilizando a relevancia e impacto que supón o C.B. Breogán para a sociedade lucense, ser o referente no fomento e divulgación dos valores inherentes ó deporte e ser inclusivos acadando que todos teñamos as mesmas posibilidades e oportunidades para realizarnos.

Como obxectivos, e dentro da nosa parcela deportiva, pretendemos fomentar e inculcar os valores do deporte entre tódolos sectores da sociedade lucense. Divulgar e promover o deporte co fin de acadar hábitos saudables de práctica deportiva, entendendo sobre todo, a importancia que teñen os máis novos neste contexto.

E é por isto que nace LUZ Ó DEPORTE no pasado 2022, buscando empregar o deporte e os seus protagonistas como unha ferramenta para dar a coñecer todo o que agacha o deporte de élite.

Ser testemuñas en primeira persona das experiencias e viviencias de deportistas e ex deportistas de primeiro nivel para educar, orientar e influir positivamente na conducta dos adolescentes.

LUZ AO DEPORTE constará novamente de 4 charlas para adolescentes, nas que se busca dar visibilidade a certos temas tabúes no mundo do deporte profesional. Ó mesmo tempo, queremos poñer en alza todos aqueles valores e actitudes que poidan influir de maneira positiva na súa educación.

As charlas realizaranse durante o inicio do curso 25/26, unha charla ó mes durante setembro, outubro, novembro e decembro.

Do mesmo xeito que nas anteriores edicións, as charlas serán conducidas por María Nieto, Licenciada en Ciencias da Comunicación e a Información, con formación complementaria en Relacións Públicas, Organización de Eventos, Comunicación Corporativa e Comunicación Dixital, e levaranse a cabo no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo.

Os relatores e os temas a tratar serán:

 

 

 

10 de setembro de 2025 - Presentación do proxecto
29 de setembro de 2025 - Jaime Nava