Novas

Jarno Pousada e Antonio Serrat en Luz ao Deporte 2025

Segunda cita do ciclo “Luz ao Deporte”

Hoxe tivemos a sorte de contar con Jarno Pousada e Antonio Serrat, dous grandes triatletas galegos que compartiron a súa experiencia e valores co alumnado lucense. Un encontro conducido pola xornalista María Nieto, no que o deporte e a superación foron os verdadeiros protagonistas.

Acompañáronnos tamén Esteban Gómez, Director do Centro de Empresas de ABANCA, e Javier Arias, Delegado Territorial da Xunta de Galicia, apoiando unha vez máis o deporte galego e o seu futuro.

💙 Desde a Fundación Breogán queremos agradecer a Jarno e Antonio a súa cercanía, o seu exemplo e o seu compromiso. Desexámoslles moita sorte nas súas próximas competicións, levando con orgullo o nome de Galicia polo mundo adiante.