✨ Esta mañá demos comezo ao Ciclo de conferencias Luz ao Deporte, unha iniciativa posible grazas á colaboración de ABANCA e a Xunta de Galicia.
O encargado de abrir esta primeira sesión foi Jaime Nava, quen compartiu unha inspiradora reflexión sobre a resiliencia, a forza transformadora do deporte e a importancia do grupo e da pertenza como motor de cambio persoal e colectivo.
Desde a Fundación Breogán queremos agradecerlle a súa participación, así como a presenza e apoio institucional de Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta, e de Zaira Dapena, Directora Territorial de ABANCA.
Grazas a todos por sumar luz a este proxecto!




