Novas

I Torneo 3X3 Seijo / Silvosa (Galería)

O pasado sábado vivimos unha mañá que quedará no recordo 💙

No I Torneo 3×3 Seijo-Silvosa, disputado de 10:00 a 14:00, unímonos para lembrar a dous referentes inesquecibles da radio lucense: Arcadio Silvosa e Pepe Seijo.

Con cada canastra, co esforzo de cada equipo, co sorriso e o apoio do público, sentimos vivo o seu legado.

Grazas a todas e todos os que participaron, aos que animaron, aos que estiveron ao carón do evento. Eventos como este fánse para que a memoria non esmoreza e para que novas xeracións coñezan quen foron aqueles que puxeron voz ao deporte lucense.

Se queres ver a galería completa de fotos desta xornada tan especial fai click aquí: https://fundacionbreogan.org/fotos-i-torneo-3×3-seijo-silvosa