Novas

O proxecto Ícaro segue medrando

Un ano máis, e grazas ao apoio de diferentes clubs deportivos lucenses, abrimos as nosas actividades a novos deportes máis aló do baloncesto. Nesta ocasión, os rapaces e rapazas do proxecto gozaron dunha sesión chea de enerxía e diversión de Tenis de Mesa, da man do Club Tenis de Mesa A Milagrosa.

👏 Queremos agradecer de corazón ao club e a Ismael Pérez Díaz, Máximo Dugo Patón e Cayetano Fdez Andión por abrirnos as portas e compartir connosco a súa paixón por este deporte.