Novo proxecto da Fundación Breogán xunto con Dano Cerebral Lugo, levamos o deporte adaptado aos colexios de Lugo para dar a coñecer a Boccia Adaptada, un deporte paralímpico que demostra que con adaptación e inclusión, todos e todas poden participar. 💪
📍 Centros participantes: Maristas Lugo, CEIP de Nadela, Colexio Diocesano A Milagrosa e CEIP Anexa Lugo.
Un proxecto que aposta por educar en valores, romper barreiras e poñer en xogo o verdadeiro espírito do deporte:
✨ Eu tamén son capaz.