Novas

Tania Fernández en Luz ao Deporte 2025

Esta mañá celebramos a 3.ª charla do ciclo Luz ao Deporte 2025, un programa da Fundación Breogán cunha clara vocación formativa: levar á mocidade historias deportivas que eduquen, motiven e transmitan valores a través de figuras destacadas do noso deporte. Nesta ocasión acompañounos Tania Fernández García, campioa do mundo de maratón en K2 e referente do deporte lucense.

Luz ao Deporte conta co apoio de ABANCA e da Xunta de Galicia, reforzando unha vez máis o compromiso institucional co deporte galego e coa formación das novas xeracións.

Tania compartiu unha reflexión profunda sobre a importancia de equilibrar os seus tres piares fundamentais —deporte, estudos e relacións sociais—, un balance que lle permite avanzar con serenidade, constancia e paixón. Un testemuño sincero que puxo en valor o traballo diario que hai detrás dos grandes soños.

Estiveron presentes Javier Arias Fouz, Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, e Carlos Teijeiro Pita, Responsable de Banca Institucional de ABANCA en Lugo, acompañando unha sesión que puxo o foco no valor educativo das experiencias deportivas.

A charla foi guiada, como sempre e con gran sensibilidade e proximidade, por María Nieto.

Grazas a todas e todos por acompañarnos nesta nova parada de Luz ao Deporte.