Novas

Deporte Seguro: Unha Responsabilidade de Todos

Directivos e adestradores do Lugosala asistiron o pasado luns á sesión formativa organizada pola Fundación Breogán e a UNED de Lugo, centrada no cumprimento da LOPIVI e do Protocolo Galego de Prevención da Violencia no Deporte. A charla foi impartida por Viti Escamilla, director da Fundación Dignidade.

O encontro buscou reforzar a protección da infancia e da adolescencia no deporte, promovendo contornas seguras, respectuosas e libres de calquera forma de violencia.

Esta acción forma parte do compromiso da Fundación Breogán coa prevención, a formación continua e a defensa dos valores educativos do deporte, en colaboración coa UNED Lugo e coa Fundación Dignidade.