Novas

Sen Filtros – Colexio Maristas

A semana pasada celebramos a primeira sesión de #SenFiltros, o novo ciclo de charlas que a Fundación Breogán impulsa xunto con @elproyectodebana.

A sesión, impartida por Samuel Del Árbol, tivo lugar no Colexio @maristaslugo, onde abrimos un espazo cercano e seguro para falar do que realmente lle preocupa á mocidade: bullying, ciberacoso, saúde mental, ansiedade, autoestima e prevención do suicidio. Un enfoque directo, claro e adaptado ao alumnado da ESO.

Con #SenFiltros buscamos acompañar, escoitar e ofrecer ferramentas útiles para que os mozos e mozas poidan comprender o que senten, pedir axuda cando o necesiten e fortalecer o seu benestar emocional.

Primeira sesión superada… e isto non fixo máis que comezar.