Novas

Arrincan as sesións formativas do proxecto BOAS PRÁCTICAS

Demos comezo ás charlas do proxecto Boas Prácticas: Xestión emocional e saúde global en Educación Física, unha iniciativa da Fundación Breogán que leva a educación en saúde ás aulas de Primaria de Lugo.

A primeira sesión foi impartida por Laura Sas, nutricionista especializada en alimentación e deporte, nos CEIP Luis Pimentel e CEIP Das Mercedes, achegando ao alumnado ferramentas para comprender a importancia dunha alimentación saudable e do coidado do corpo desde idades temperás.

A través do deporte e da Educación Física traballamos:
✔️ Hábitos de vida saudables
✔️ Xestión emocional
✔️ Saúde mental
✔️ Igualdade e valores

Porque educar en saúde é educar para a vida.