🦉 MOUCHO xa está en marcha!
Primeira parada: o Colexio Maristas de Lugo, onde compartimos unha xornada cos rapaces e rapazas de 6º de Primaria.
A Fundación Breogán, en colaboración coa FEGABA e o Comité Galego de Árbitros de Baloncesto, delegación de Lugo, achegou ao alumnado a realidade da arbitraxe, o papel dos árbitros no deporte e os valores que acompañan esta actividade.
Daniel López Illán e Mateo Alvariño foron os encargados de conducir esta primeira experiencia, na que tamén presentamos un dos grandes retos de MOUCHO: deseñar unha nova equipación arbitral.



🎨 O alumnado poderá propoñer os seus propios deseños e un xurado escollerá o gañador. A creación seleccionada converterase nunha camiseta que se utilizará en partidos puntuais e non oficiais da FEGABA. Ademais, a persoa gañadora recibirá a súa equipación, un recoñecemento e unha visita ao Pazo dos Deportes.
Unha primeira visita para descubrir que detrás do asubío hai moito máis do que imaxinamos.
🦉 MOUCHO. Moito máis que arbitrar.