💙 O Proxecto Persoas é moito máis ca baloncesto. É tamén un punto de encontro, sensibilización e convivencia no que cada visita deixa algo especial.
Nesta ocasión tivemos a alegría de recibir aos amigos do Club de Tenis As Termas, que quixeron achegarse á nosa pista, compartir adestramento cos nosos rapaces e rapazas e coñecer de preto o traballo que desenvolvemos.



Grazas por sumarvos, por compartir tempo e por axudarnos a construír un deporte cada vez máis inclusivo. Sempre seredes benvidos! 🏀💙
@vicedepulugo