V XORNADAS DE TECNIFICACIÓN

 

 

A FUNDACIÓN BREOGÁN organiza a V Edición das Xornadas de Tecnificación, unha proposta pensada para rapaces e rapazas de 8 a 16 anos que queiran dar un paso adiante no seu xogo e vivir o baloncesto desde dentro, nun entorno profesional, dinámico e motivador.

Ao longo de tres días de traballo intenso, os e as participantes desfrutan de sesións de adestramento específicas, guiadas por adestradores da Fundación Breogán, e contan ademais coa visita de xogadores e técnicos do C.B. Breogán, que comparten a súa experiencia e coñecementos para axudarlles a mellorar aspectos clave como a técnica individual, a táctica e a toma de decisións en pista.

As xornadas complétanse con charlas formativas e educativas, nas que se reforzan valores esenciais como o compañeirismo, o esforzo, a disciplina e a superación persoal, principios fundamentais tanto no deporte como no día a día.

📌 Programa

📍 Lugar: Anexo do Pazo dos Deportes (Lugo)
📅 Datas: 30 e 31 de marzo e 1 de abril do 2026.
Horario: De 9:00 h. a 16:00 h.


🎟 Prazas:

  • 25 nados entre 2014 e 2018
  • 25 nados entre 2010 e 2013
    💰 Prezo: 170 €

📢 Inscricións

🔹 Preferencia para socios benefactores: Do 18 ao 24 de febreiro ás 14:00 h.
🔹 Público en xeral: Do 25 de febreiro ao 5 de marzo, ou ata completar as prazas.

Descontos:

  • Irmáns: 15 € de desconto por cada un.
  • Fillos de socios benefactores: 20 € de desconto.

🎁 Agasallos para os participantes:
✔ Camiseta oficial das Xornadas.
✔ Auga para os adestramentos.

🔗 Formulario de inscrición: Premendo aquí

🚀 Non perdas a oportunidade de mellorar o teu xogo e vivir unha experiencia inesquecible coa Fundación!

 

Un gran peche das V Xornadas de Tecnificación

Entrega de recordos para todos os participantes e medallas para os gañadores, elaboradas por Oartesan 3D.

Na entrega contamos coa presenza dos xogadores do CB BreogánMihajlo Andric e Francis Alonso, xunto co Director Xeral, Salva Arco.

Grazas a todos os rapaces e rapazas e ás súas familias por confiar en nós, e tamén aos xogadores e técnicos do CB Breogán pola súa cercanía e implicación.

Seguimos medrando xuntos 💙

Chegou o último día… o día das competicións

Hoxe toca poñer en práctica todo o aprendido nas V Xornadas de Tecnificación.

E non estivemos sós… contamos coa visita do gran Máximus, que puxo aínda máis ambiente e diversión á xornada.

Emoción, compañeirismo e moito baloncesto para pechar esta experiencia inesquecible.

 

Aprendendo outra forma de vivir o baloncesto

Dentro das sesións formativas das V Xornadas de Tecnificación, hoxe contamos coa presenza de José Manuel Teijido, que achegou aos rapaces e rapazas ao baloncesto en cadeira de rodas.

Unha disciplina que vai moito máis alá do xogo, promovendo valores como a superación, a inclusión e o esforzo, fundamentais no deporte e na vida.

Algúns incluso se animaron a probalo… e comprobaron que non é nada doado!

Grazas Jose por compartir a túa experiencia connosco.

 

Consellos, técnica e motivación: os técnicos do CB Breogán visitan as Xornadas

No segundo día das V Xornadas de Tecnificación recibimos aos técnicos do CB Breogán, Fernán Varela e Víctor Pérez, xunto co preparador físico José Durán.

Compartiron cos rapaces e rapazas consellos, técnicas e experiencia para seguir medrando no seu xogo e no seu compromiso co baloncesto.

Formación dentro e fora da pista.

Como cada ano, as sesións de adestramento das V Xornadas de Tecnificación complétanse con sesións formativas da man de persoas e entidades relevantes do mundo do deporte.

Esta tarde contamos coa visita do colexiado do Colexio Galego de ÁrbitrosCristian Martín, que achegou aos rapaces e rapazas a importancia da figura arbitral no baloncesto, fundamental para o desenvolvemento do xogo.

Coñecer o seu labor, entender as súas decisións e valorar o seu papel é tamén parte da aprendizaxe.

Moitas grazas a Cristian e ao Colexio Galego de Árbitros pola súa colaboración.

Primeiras visitas nas Xornadas de Tecnificación.

A última hora da mañá, achegáronse ás V Xornadas de Tecnificación os xogadores do CB BreogánDanko Brankovic e Aleksandar Aranitovic, que fixeron as delicias dos rapaces e rapazas participantes.

Acompañados por Pablo Díaz Cuiña, que exerceu de tradutor, compartiron tempo, consellos e moitas risas cos e coas xogadoras.

Un momento inesquecible dentro dunha xornada chea de aprendizaxe.

V Xornadas de Tecnificación: tres días de ADN Breoganista.

Xa estamos a pleno rendemento 💙🏀

Dende as 9:00 da mañá, os rapaces e rapazas participantes nas V Xornadas de Tecnificación xa están traballando na pista, demostrando ganas, compromiso e moito talento.

Tres días para medrar, aprender e vivir o baloncesto desde dentro… e eles xa están deixando claro que teñen #ADNBreoganista.