Copa do Rei, as fiestras FIBA… no Proxecto Grazas A-Vós temos algo claro:
👉 Os nosos avós non descansan!
Nova sesión de activación física chea de enerxía, movemento e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben. Porque o mellor partido xógase cada día: coidar o corpo, manterse activos e compartir momentos en equipo.
💪 Máis forza.
😊 Máis saúde.
💙 Máis vida.
Na Fundación Breogán seguimos en xogo… sempre!


