Novas

Proxecto Cris Seijo – 3ª Xornada Seijo Team

Este próximo domingo día 1 toca volver á pista! O Seijo Team disputa a terceira xornada da Liga de Veteranas FEGABA 25/26, desta vez fronte ao ADC Dos Más Uno.

Un novo reto para seguir construíndo, partido a partido, un proxecto que vai moito máis aló do marcador: compañeirismo, esforzo, aprendizaxe e esa paixón polo baloncesto que segue máis viva ca nunca.

Porque o Proxecto Cris Seijo é iso: un espazo para competir, desfrutar e seguir medrando xuntas, demostrando que a ilusión non entende de idades.

Imos con todo, equipo! 💙🏀