A última hora da mañá, achegáronse ás V Xornadas de Tecnificación os xogadores do CB Breogán, Danko Brankovic e Aleksandar Aranitovic, que fixeron as delicias dos rapaces e rapazas participantes.
Acompañados por Pablo Díaz Cuiña, que exerceu de tradutor, compartiron tempo, consellos e moitas risas cos e coas xogadoras.
Un momento inesquecible dentro dunha xornada chea de aprendizaxe.


