Xa está aquí a 5ª tempada dun proxecto que une deporte, educación e sustentabilidade.
Durante o curso 2026/27, todos os centros de Educación Infantil e Primaria de Lugo, capital e provincia, poderán participar en Ningún Aro Sen Rede, unha iniciativa da Fundación Breogán, UNED Lugo e Ecoballution.
🖊️ Recollendo material de escritura usado.
🏀 Transformando residuos en redes de baloncesto sostibles.
🌍 Fomentando a reciclaxe, a economía circular e o coidado do medio ambiente.
Ademais, os centros participantes competirán en tres categorías:
🔹 Menos de 50 alumnos/as participantes
🔹 Entre 50 e 150 alumnos/as participantes
🔹 Máis de 150 alumnos/as participantes
Os centros gañadores recibirán:
- Invitacións para presenciar un encontro do Río Breogán
- Vale para libros de temática ambiental da UNED Lugo
- Lote de redes sostibles de Ecoballution
- Trofeo personalizado de Oartesan3D
📅 Outubro 2026 → Maio 2027
♻️ Finalización:
- Recolleita e pesaxe: primeira semana de maio.
- Acto de entrega: 17 de maio, Día Mundial da Reciclaxe.
📩 Inscricións e información:
inscripciones@fundacionbreogan.org
Cinco anos demostrando que pequenas accións poden xerar grandes cambios.


