Novas

Experiencia Breogán 2026, Achádego Teatro no Pazo

Unha representación de Achádego Teatro viviu unha xornada moi especial gozando da importante vitoria do CB Breogán fronte ao Baxi Manresa dende o palco VIP da Fundación Breogán.

Nun dos descansos, saltaron ao centro da pista para recibir o agarimo do Pazo e recoller, de mans de Miguel Alvarez, Director Comercial Fergil, un pequeno recoñecemento polo seu gran traballo en prol da cultura.

Un peche perfecto para unha semana chea de emocións, convivencia e compromiso coa cultura lucense.