Novas

Formación dentro e fora da pista

Como cada ano, as sesións de adestramento das V Xornadas de Tecnificación complétanse con sesións formativas da man de persoas e entidades relevantes do mundo do deporte.

Esta tarde contamos coa visita do colexiado do Colexio Galego de Árbitros, Cristian Martín, que achegou aos rapaces e rapazas a importancia da figura arbitral no baloncesto, fundamental para o desenvolvemento do xogo.

Coñecer o seu labor, entender as súas decisións e valorar o seu papel é tamén parte da aprendizaxe.

Moitas grazas a Cristian e ao Colexio Galego de Árbitros pola súa colaboración