Novas

Primeiras visitas nas Xornadas de Tecnificación

A última hora da mañá, achegáronse ás V Xornadas de Tecnificación os xogadores do CB Breogán, Danko Brankovic e Aleksandar Aranitovic, que fixeron as delicias dos rapaces e rapazas participantes.

Acompañados por Pablo Díaz Cuiña, que exerceu de tradutor, compartiron tempo, consellos e moitas risas cos e coas xogadoras.

Un momento inesquecible dentro dunha xornada chea de aprendizaxe.