Novas

Cris Seijo Socio Deportivo, o valor de compartir

A vertente socio-deportiva do Proxecto Cris Seijo continúa a ser un punto de encontro para compartir, moverse e medrar xuntas 💙🏀

Da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, esta iniciativa da Fundación Breogán segue promovendo o benestar, a actividade física e o compañeirismo a través do baloncesto.

Un espazo pensado para gozar, coidar de unha mesma e formar parte dun equipo dentro e fóra da pista.