PROXECTO CRIS SEIJO

 

 

 

Continuamos co Proxecto CRIS SEIJO, iniciado a finais do 2024 (click aquí) : baloncesto, inclusión e empoderamento para todas.

Grazas ao apoio do CEIP Anexa de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, desde a Fundación Breogán lanzamos con ilusión o Proxecto CRIS SEIJO, unha iniciativa que abraza tres vertentes fundamentais para fomentar o deporte, a inclusión e o empoderamento feminino en Lugo.

🔹 Vertente Deportiva

Apoiamos ao baloncesto feminino na súa máxima expresión, e enfocámonos especialmente no equipo de mulleres maiores de 35 anos.

A Fundación Breogán presta soporte a estas rapazas que competirán na tempada 24/25 na Liga de Veteranas da FEGABA.

🔹 Vertente Socio – Deportiva

Se es unha muller apaixonada polo deporte e queres gozar da enerxía do baloncesto nun ambiente de compañeirismo, esperámoste. Tes unha cita todos os martes ás 20:00 horas no CEIP Anexa Lugo! Esta é unha oportunidade única para calquera muller maior de 35 anos que queira adestrar e formar parte dunha comunidade de veteranas unidas pola paixón ao deporte.

🔹 Vertente Social

En colaboración con Cruz Vermella de Lugo e Diaconía Lugo, ampliamos o alcance do proxecto a través dun enfoque social, ofrecendo a mulleres solicitantes de asilo a oportunidade de integrarse e mellorar o seu benestar a través do deporte. Esta iniciativa busca xerar un espazo seguro e positivo onde o deporte convértese nunha ferramenta de inclusión e superación persoal.

Co Proxecto CRIS SEIJO, o noso compromiso co baloncesto feminino e o apoio a mulleres en diferentes situacións de vida fortalécese máis que nunca. Convidámoste a sumarte a esta aventura, xa sexa desde a cancha ou como parte da nosa rede de apoio.

 

 

Liga de veteranas

Vertente Deportiva

CRIS SEIJO vs BASQUET AURUM FERROL
CRIS SEIJO vs C.B. PELAYAS VINTAGE
CRIS SEIJO vs C.B. MARISTAS CORUÑA
CRIS SEIJO vs BASQUET AURUM FERROL
CRIS SEIJO vs C.B. MARISTAS CORUÑA
CRIS SEIJO vs C.B. PELAYAS VINTAGE
Adestramentos de baloncesto para maiores de 35 anos

Vertente Socio - Deportiva

Adestramentos e sorrisos.
A Fundación Breogán segue apostando polo deporte como motor de integración e benestar. Nos adestramentos da vertente socio-deportiva do proxecto Cris Seijo, as risas, a enerxía e os sorrisos das participantes fannos ver que o baloncesto é moito máis que un xogo.
Unha iniciativa pensada para que mulleres maiores de 35 anos desfruten da actividade física nun ambiente de complicidade, superación e moita diversión. Porque cada canastra conta, pero cada sorriso aínda máis!
Adestramentos de baloncesto para mulleres solicitantes de asilo

Vertente Social

Unindo forzas no Proxecto Cris Seijo
Na fotografía, tres vertentes, un mesmo espírito! Onte vivimos un momento especial co primeiro adestramento conxunto do Proxecto Cris Seijo, no que se reuniron:
🔹 O equipo que conta co soporte da Fundación e que compite na Liga Feminina de Veteranas.
🔹 Mulleres maiores de 35 anos, amantes do baloncesto, que veñen adestrar cada semana.
🔹 O grupo de mulleres solicitantes de asilo, ás que lles ofrecemos acceso á práctica deportiva.
Un proxecto que vai moito máis alá do deporte, xerando comunidade, integración e oportunidades.
Grazas á Xunta de Galicia e ao CEIP Anexa polo seu apoio, e a Cruz Vermella Lugo e Diaconía pola súa colaboración!
Seguimos sumando xuntas!
Un balón, mil historias.
O proxecto Cris Seijo continúa o seu camiño coa súa vertente social, ofrecendo un espazo de deporte, encontro e apoio para mulleres solicitantes de asilo. Unha iniciativa onde o baloncesto se converte en moito máis que un xogo: unha oportunidade para compartir, aprender e sorrir.
Seguimos sumando experiencias e creando lazos!
 
As 3 vertentes continúan fortalecendo o Proxecto

O baloncesto como punto de encontro

Punto de encontro
As rapazas do Proxecto Cris Seijo seguen adestrando a tope, sumando esforzo e ilusión en cada sesión.
Momentos de aprendizaxe e convivencia que fortalecen as tres vertentes do proxecto: deportiva, social e socio-deportiva.
O balón segue rodando, as xogadoras seguen avanzando e o proxecto segue máis vivo ca nunca.
Seguimos!
Visita moi especial á arrocería lucense Os Cachivaches

Vertente Social

Entre fogóns
As participantes da vertente social do Proxecto Cris Seijo deixaron por un día as pistas para adentrarse na cociña da recoñecida Arrocería Os Cachivaches.
Acompañadas polo director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, o seu adestrador Aitor Vázquez e Laura Garrido, compartiron unha xornada diferente, onde aprenderon, gozaron e descubriron o que significa traballar con paixón entre fogóns.
Un agradecemento enorme a Álex por abrirnos as portas da súa casa, polas atencións e por regalarnos o privilexio de velo traballar. Os seus consellos e a súa cercanía deixaron unha fonda pegada nas nosas xogadoras.
Levamos connosco un recordo cheo de aprendizaxes, sorrisos e inspiración.