🔥 SÉTIMA SEMANA DE INCLUSIÓN +XTI
Outra semana máis de traballo, onde o deporte e a educación seguen sendo a nosa ferramenta de cambio 💪
Comezamos coa intensidade do boxeo no Boxing Club Lugo 🥊, pasamos á canastra co adestramento de baloncesto 🏀 e pechamos cun espazo de reflexión e aprendizaxe no obradoiro de educación social con María Piñeiro 🧠.



Unha semana que volve demostrar que o proceso vai moito máis alá da actividade: constrúe hábitos, confianza e oportunidades 🙌
🤝 Agradecementos á Fundación Secretariado Gitano e á Fundación Dignidade pola súa colaboración constante.
📌 Proxecto financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, integrado nas liñas do Plan Nacional sobre Drogas do Ministerio de Sanidade, orientado á prevención e á promoción de estilos de vida saudables na mocidade.